domingo, 11 de enero de 2015

Os Albiones

Os Albiones

Xaviel Vilareyo y Villamil




Muitas son as incógnitas qu’aínda nos quedan sobre quén era en realidá el poblo dos Albiones, un veyo poblo qu’habitaba nos valles del Navia y del Eo. Os poucos documentos arqueolóxicos que conservamos y as poucas referencias dos historiadores nun son úa escepción na escasez de documentos del resto das terras al norte da Cordillera Asturiana, que foron as últimas en se conquistar y romanizar de toda a península d’Hispania.


El espacio físico dos Albiones

Na orixe dos tempos, a rasa litoral cantábrica dende el cabo Burela hasta el cabo de Ajo conforma úa unidá espacial ou corredor costeiro de características físicas similares y contínuas que dende a aparición del home nestas terras, presente xá dende épocas evolutivas da especie humana según recentes encontros na cova de Sidrón , sirvíu como paso de comunicacióis y como llugar predilecto pa os asentamentos y tránsitos humanos. A presencia humana considérase que chegóu a través dos Pirineos y en dirección pal oeste a través d’esta franxa. Este corredor costeiro ofrecíayes a os grupos humanos alló instalaos grandes posibilidades de subsistencia y de comunicación a través dos portos naturales, das rías, prayas y campos, mui favorables pal cultivo y a pesca.


Primeiros testimonios da presencia humana nel Navia-Eo

A riqueza metalúrxica d’estas terras foi llougo esplotada pol trabayo del home, comenzándose a fabricación d’obxetos de cobre y d’ouro aprosimadamente a os 2.000 anos antes de Cristo. A pesar das economías autárquicas d’estos poblos, el cobre y outros obxetos metálicos fabricaos éranche usaos pal intercambio pos eran ben apreciaos. Así consérvanse pezas como un tubín d’ouro atopao nun dólmen de Penouta y úa cinta dorada de Sarzol (Eilao). As pezas metálicas conservadas son básicamente xoyas y armas, peró ben poucos utensilios prácticos, el que deu quizabes que pensar nel escaso sentido utilitario dos poblos norteños. Xoyas y armas servirían de signo de diferenciación social nesta época. Os muitos dólmenes ou penedos, búa parte d’ellos aínda non localizaos, son señales d’enterramentos ou ben monumentos delimitadores de llugares de culto ou de ritos máxicos. Mentras as rías sirvían de vías de comunicación marítima, as influencias esternas chegaban básicamente das civilizacióis más desarrolladas del Sur a través das veyas vías que traspasaban a Cordillera Asturiana (Iuga Asturum) polos valles de L.laciana , el Sil ou pol camín da Mesa, comunicando así cos outros poblos afines da conca del Ástura (Esla). Estas influencias sureñas tán documentadas nas pinturas de guerreros da Cova del Demo (Boal) pertenecentes al chamado arte esquemático, á manifestación artística que veo del Sur . Un gran exemplo da evolución del arte dos metales témoslo nos magníficos moldes de pedra y ferro pa fundir foucetes y hachas atopaos en Castropol y nos Ozcos.


As culturas dos castros

¿Cómo comenza a cultura dos castros ou castreña? Os castros son simplemente poblacióis fortificadas situadas en llugares más ou menos elevados ou estratéxicos. Hoi quédannos centos de restos d’estos castros ou castellóis repartíos por toda a xeografía actual d’Asturias, Galicia, Lleón y norte de Portugal, dataos dende úa época inmediatamente anterior á conquista romana y que foron desarrollando úas formas mui evolucionadas de vida humana y úas ricas culturas que conocemos como el periodo da cultura castreña en todo el nordés peninsular. Nesta cultura, el ouro y a orfebrería más delicada éranche úa das actividades más apreciadas y búa proba d’ello son as magníficas xoyas, diademas y torques d’ouro que se conservan (muitas desgraciadamente fragmentadas y fora d’Asturias) como a diadema y broche d’A Veiga y as xoyas atopadas nel castro de Chao Samartín. Sin embargo nun se pode falar d’úa uniformidá cultural nos poblos que pertenecen a esta chamada cultura castreña. A homoxeneidá cultural nun vai comenzar más que coa romanización. A presencia de cerámicas de tipo romano nel castro d’A Escrita (Boal) amosa un primer contacto col mundo romano que chegóu probablemente antes da propia conquista a través dos intercambios y influencias culturales cos poblos del Sur dos Montes Asturianos. Roma pronto esplotóu as codiciadas minas d’ouro de todo el occidente da Astúrica. Muitos castros son así instalaos pa facilitar a esplotación metalúrxica a modo de poblaos mineiros. A titularidá das minas era del Imperio y os militares controlaban a esplotación y dominaban el terreo. Consérvanse algúas probas epigráficas da esistencia n’Asturias del sistema esclavista romano, que nun foi xeneralizao sinón paralelo a úa progresiva asimilación, colonización y desarrollo económico y cultural que chamamos romanización y que nas terras al norte da Cordillera Asturiana nun se materializóu dafeito hasta el siglo IV, mentras que na Gallaecia ou na Asturia citerior más mesetaria a romanización foi anterior y más intensa. Algús pensan que a orixe dos castros ta nel contacto con poblos del centro d’Europa, avezaos xá a vivir en fortificacióis militares, que chegaron polos Pirineos hasta as nosas costas. En realidá nun esisten datos claros pa definir en propiedá úa “cultura castreña” uniforme ou úa forma cultural homoxénea ou unitaria nestas terras del nordés. E más correcto falar de culturas castreñas ou simplemente d’asentamentos castreños con diversas formas culturales pos nunca hubo antes da conquista romana úa unidá cultural entre os poblos del nordés peninsular. Na cultura dos castros desarrollada n’Asturias tampouco podemos falar de relacióis d’intercambio cultural ou comercial en sentío este-oeste entre os poblos da cornisa xá qu’as conexióis dábanse más ben coas poblacióis más al sur da Cordillera Asturiana qu’eran as que primeiro y meyor recibían os influxos das grandes civilizacióis mediterranias.

Os castros desarróllanse básicamente nos primeiros anos da nova Era, en tempos d’Augusto como e el caso del de Coaña, y mantéin a súa vitalidá hasta el siglo II condo van sindo abandonaos. Curiosamente nel siglo IV vólvense ocupar muitos peró sin llevantar murallas ou defensas. Os castros asturianos nunca perden vinculación coa meseta a través dos corredores naturales que sirvían de vía pa esplotación y tráfico dos minerales y que chegan hasta Astúrica y hasta Emérita, centros da romanización, y tamén fan contactos coa cercana civitas romana de Lucus. Estas novas ciudades implantadas por Roma convirtíronse en poderosos focos de romanización, en instrumentos d’unificación cultural y en centros da actividá comercial, militar y política. Nel ano 19 antes de Cristo terminan as guerras contra cántabros y ástures trasmontanos que foron según todos os historiadores da antigüedá as últimas nacióis da península hispánica en ser sometidas por Roma.


Primeiras referencias escritas dos poblos norteños

Son as crónicas romanas os primeiros documentos escritos que temos referíndose a os poblos da cornisa cantábrica. Ellas fálannos dos poblos ou nacióis que forman os Gálaicos, os Ástures y os Cántabros en sentido xeneral peró sin fer ningúas diferencias culturales ou raciales entre ellos pos considerábanlos poblos mui asemeyaos entre sí. El poblo dos Albiones sabemos que ocupaba as terras entre os ríos Navia y Eo, peró ¿Quén eran certamente os Albiones? ¿Un poblo, úa nación, úa tribu, un clan, úa xentilidá?
Os cronistas contan que os homes chevaban pelo llongo como as muyeres, fían xoyas y torques d’ouro coas qu’adornaban el corpo, tían pel clara y espíritu guerreiro ademáis d’un gran sentido del honor y da autoestima polo que preferían morrer antes de ser esclavos. As muyeres podían heredar incluso por vía materna y participaban na guerra. A conquista romana das terras dos Albiones nun debióu resultar fácil pa un exército como el romano avezao más a lluitar no llano. Os Albiones como outros poblos norteños lluitaban en guerra de guerrillas y non mediante exércitos formaos no chao como fían os romanos. Preferían el suicidio antes que ser prisioneros d’estos exércitos . Peró a ocupación romana nui foi nunca continuada, efectiva, total nin definitiva nesta rasa costeira común del norte da Gallaecia y da Asturia. El nome dos Ástures parez que ven del nome del río sagrado qu’estos poblos del nordés tían como fronteira sur-este: el río Ástura, hoy Esla. Os romanos chamaron despós gálaicos a os poblos al norte da Lusitania, y Gallaecia á rexón, porque viron nellos muitos parecidos cos poblos da Galia que xa conocían ellos mui ben. El interés económico dos romanos érache más enfocao no interior y na busca del desexao ouro. Por outro llao, a política pacifista romana tía simplemente como oxetivo el que nun houberan más sublevacióis nin ataques da población nativa contra as ciudades ou campamentos romanos, y por ello fomentábase más que nada a convivencia pacífica, vixilada, os pactos militares, d’hospitalidá ou de clientela qu’estos poblos xa solían practicar tamén entre sí. Por outro llao tamén nacían tímidamente os intercambios entre as novas cívitas romanas y a población nativa del llugar, de xeito colonialista. Así, a política imperial prefería respetar en xeneral os modos de vida y a actividá normal dos poblos nativos y sólo úa pequena parte de población era sometida al exército ou al trabayo mineiro, establecindo pactos de búa veindá cos diferentes poblos de manera pacífica y sempre que nun se sublevaran. Paralelamente fomentaron col tempo a súa llingua latina y as costumes romanas, que pouco a pouco iban fundíndose coas da población nativa. Roma dividía el terrén conquistao en conventus xurídicos ou unidades administrativas territoriales á manera das actuales provincias ou departamentos, con un governador ou representante del imperio en cada ún dos departamentos establecíos. Sin embargo estos poblos conquistaos nun podían gozar da ciudadanía romana y na práctica víanse sometíos militarmente. Calquer sublevación contra a autoridá romana era reprimida con dureza.
A política imperial diseñóu os conventus en que se iba dividir esta parte da provincia Tarraconense. Así, el Conventus Lucensis, con capital en Lucus (Lugo), delimitárolo imaxinariamente coa axuda dos cursos fluviales desde os valles del Miño-Sil hasta el río Esva; el Conventus Asturum desde el Esva al río Ástura; el Conventus Bracarensis, desde a ría del Duero hasta os valles centrales del Miño y Sil; y el Conventus Cluniensis qu’iba desde úa llinia imaxinaria da ría del Seya hasta el río Ástura y alcanzando el Bidasoa y as llonxanas terras del alto Duero. Todos estos conventos xurídicos pertenecían á mesma Provincia Tarraconense con capital en Tarraco (Tarragona). En tempos da república romana estímase que’l territorio ástur era, despós del Conventus Bracarense el más poblao con aprosimadamente us 240.000 habitantes y 22 poblos étnicos, fronte al Lucense que contaba con us 166.000 y 16 poblacióis. A cornisa cantábrica xa desde os tempos da conquista era un espacio mui poblao y tamén receptor de población inmigrada del este y del sur mesetario. Tempo despós el emperador Diocleciano fexo úa nova delimitación administrativa creando a Provincia Nova de Asturiae et Gallaecia, qu’iba desde a ría del Duero (Portus) hasta’l río Seya, que despós comúnmente pasóu a chamase simplemente Gallaecia polos xeógrafos. Anos despós Constantino creóu as Prefecturas y toda Hispania entera pasóu a depender da Prefectura da Galia.


A romanización

Todos os poblos del nordés da península y mui especialmente os poblos trasmontanos al norte da Cordillera Asturiana (Iuga Asturum) recibiron úa mui tardía y débil romanización. Os poblos gálaicos y os ástures del sur asimilaron primeiro y con más intensidá a cultura y civilización romanas. Os historiadores da antigüedá sempre se referen a os poblos cántabros, gálaicos y ástures como “montañeses” en xeneral sin distinguir  entre ellos diferencias ou rasgos diferenciadores. Anque hoi, sabemos que sí houbo distingos entre esta amplia mestura de poblos, tribus y grupos humanos y qu’éstos básicamnete centrábanse básicamente en diferencias de tipo llingúístico y tamén nas diferentes formas d’organización social que desarrollaban ús y outros poblos. Pero sobre todo, tamén e certo qu’a principal afinidá que tían entre sí estas colectividades del nordés era precisamente el feito de ser poblos non romanizaos ou con úa recente romanización y según a mentalidá romana ésta era precisamente a súa principal característica común y definitoria. A progresiva asimilación da civilización romana veu a suprimir as diferencias tanto llingüísticas como culturales entre os diversos poblos y tribus, igualándolos a todos idiomáticamente pos llougo adoptaron el llatín como llingua así como el alfabeto latino, y outros modos de vida y vezos como por exemplo el concepto romano de propiedá privada y a economía monetarista.
Os restos das primitivas llinguas nativas, probablemante indoeuropeas tamén, a forza nos quedan en forma de topónimos y hidrónimos pos e ben sabido qu’estos poblos tían úas formas relixosas de tipo naturalista, unde mui especialmente os ríos eran consideraos como divinidades femeninas. Entre os topónimos prelatinos temos entre outros : Baga, Mántaras, Arancedo, Cedemoño, Bernucedo, Navia.


Organización social dos Albiones como poblo

A pesar das teorías contrapostas, os investigadores afirman qu’a principal diferenciación cultural entre os poblos englobaos baxo el axetivo de “gálaicos” y os consideraos como “ástures” e a referida á organización social dos mesmos. Non obstante os romanos falaban de “ástures trasmontanos” (os ástures que vivían al norte dos Iuga Asturum) y de “ástures cismontanos” ou “augustanos” (das terras llanas prósimas a Astúrica Augusta) nun deixando claro si esta diferencia era sólo xeográfica ou si tamén aludía a posibles diferencias culturales sobre úa mayor ou menor romanización. Os ástures organizaban as súas sociedades mediante llazos sanguíneos superiores ou unidades suprafamiliares de tipo xentilicio, tal y como era igualmente a organización social dos poblos xermánicos: varias estirpes familiares xunidas de forma piramidal por un antecesor ou antepasado común formaban úa gentilitas y varias gentilitas formaban úa gens. Esta gens podía asociase con outras polos llazos d’hirmandá ou por afinidades culturales que yes permitían pensar que nun s’atopaban solos na terra como poblo sinón que étnicamente pertenecían a úa comunidá más amplia de tipo espiritual y superior, formando úa hirmandá (federación) de poblos afines pola relixón, pola llingua ou pá defensa y que foi a idea más aprosimada al concepto de “nación” ou “ethnos” qu’a cultura dos poblos del nordés puideron desarrollar. Os romanos citan como poblos ástures a os Pésicos, Zoelas, Lancienses, Supertios, Gigurros, Briguecinos, entre outros. Os Albiones despós de feitas as divisióis y repartos territoriales dos Conventus quedaron englobaos dentro del territorio administrativo del Conventus Lucense, governao dende a vecía fundación de Lucus Augusti que tempo despós fairía de capital da Nova Provincia amplia qu’agrupaba nun mesmo espacio tanto a os ástures como a os gálaicos. Pero ¿Cómo s’organizaban socialmente os Albiones y outras gentilitates ou tribus afines nel Navia-Eo? ¿Qué llingua propia falaban os Albiones? Estas son aínda enigmas da historia que sólo os poucos restos epigráficos poden mínimamente esplicar.

Os gálaicos parez ser que tían úa organización social más territorial ou conceyil delimitada polos propios territorios dos castros, quizabes pol mayor grao de romanización, mentras que nos ástures y cántabros esta adscripción territorial nun ta tan clara. Os ástures, que según os historiadores e ún dos sustratos étnicos más antiguos da península hispánica, mantían un sistema económico colectivista similar al dos vacceos, onde a propiedá dos bienes de producción, terras, frutos y coyeitas era comunitaria, a esclavitú nun esistía y os llazos de parentesco rexían as relacióis sociales y políticas. Cada unidá xentilicia tía un xefe y un conseyo, electivo según valores como a edá, honor y dignidá, tamén á maneira xermánica ou céltica. A epigrafía amosa claramente as distintas xentilidaes, dao que nas lápidas funerarias sempre s’identificaba a persona col sou nome y coa súa pertenencia sanguínea a úa determinada gens (poblo ou tribu) más que referencias a un llugar. ¿Cómo podemos interpretar entón a valiosa lápida atopada n’A Veiga?

A lápida de Nicer Clutosi, rei dos Albiones (xefe, príncipe, líder, rexidor), menciona a pertenencia ou a orixe familiar del difunto nel nomao Castro Cariaca (situao nel actual Conceyo da Veiga), col título de Príncipis Albionum, vai redactada en latín baxo un enigmático símbolo ou asterisco. Asina temos constancia de qu’os Albiones formaban úa gens superior y non úa pequena xentilidá y qu’esta gens, estirpe ou poblo tuvo úa xefatura de prínceps (alteza, rei, príncipe, rexidor), quizabes de maxistratura monárquica electiva á manera xermánica ou pode que hereditaria á manera imperial romana. ¿Formaban entoncias os Albiones un reino ou estao independiente respecto a os sos poblos ou xentilidaes vecías?.

Como comunidá norteña, ou poblo nomao como Albiones, formaban nun cabe dudas úa unidá social peró tamén pode que política, puidendo establecer tamén pactos cos sous poblos vecíos, según a forza literal del término “prínceps” y especialmente dende os tempos d’Augusto condo este término e sinónimo de másimo título imperial reservao sólo á persona del propio emperador ou a especiales membros da súa familia. A lápida veigadense denota úa xa importante romanización del poblo albión, según llingua y xeitos de datación, peró tamén úa pervivencia das formas autóctonas d’organización y estructuración social, úa pervivencia da mesma comunidá dos Albiones como unidá social posterior á propia conquista, peró tamén como entidá política propia, dotada de xefatura ou autoridá rexia. En definitiva, ben puideran conformar naquellos tempos, y mui probablemente, úa monarquía, reino ou “principatus” autónomo y en vías de romanización nel siglo I despós de Cristo.

NICER CLUTOSI C CARIACA PRINCIPIS ALBIONUM AN LXXV HIS EST
NICES CLUTOSI, DEL CASTRO CARIACA, REI DOS ALBIONES, 75 ANOS, NESTE SITIO TA.

(TRANSCRIPCIÓN DA LÁPIDA FUNERARIA DE Nicer Clutosi, rei dos Albiones, siglo I, atopada nel Conceyo de Veigadeo)






No hay comentarios:

Publicar un comentario